Ir o contido principal

O obxectivo do curso é analizar a traxectoria, a obra e a achega de Francisco Fernández del Riego, como activista, intelectual, estudoso e escritor, nos seus sucesivos contextos históricos, e en relación cos fenómenos sociais e os proxectos políticos e culturais en que se implicou: a IIª República (movemento estudantil universitario e Partido Galeguista), a guerra civil, a ditadura franquista (resistencia política e cultural, Editorial Galaxia, Fundación Penzol e revista Grial, relación coa diáspora galeguista) e a autonomía.