O obxectivo do curso é o desenvolvemento de novas olladas fotográficas a través do coñecemento das tendencias, técnicas e procedementos da fotografía contemporánea galega. Isto farase a través do desenvolvemento dun documentalismo fotográfico colaborativo titorizado por fotógrafos do Colectivo Ollo. Con este curso búscase que o alumnado teña un lugar de encontro con profesionais dentro do contexto fotográfico galego e que poña en práctica novas metodoloxías para o desenvolvemento dun proxecto colaborativo que concluirá na realización dunha exposición e publicación.
Dirección: Mª Soliña Barreiro González e Jennifer Novoa Domínguez
Secretaría: Manuel Barreiro Rozados
Lugar de celebración: Sociedade Liceo de Noia (Noia)*
Web propia
PROGRAMA
SÁBADO 6 DE XULLO
09:30. Recepción dos participantes e apertura do curso.
09:45. O proxecto fotográfico: a escolla do tema, busca de referentes e ideas.
Colectivo Ollo
10:30. Creación de grupos, adscrición de titores.
11:00. Debate e selección temática por grupos.
11.30. Saída fotográfica I
13.30. Comida
15.30. Noia na historia e na imaxe
Paula Alonso (Noia Sancosmeira)
16.15. Revisión e análise das imaxes.
17.00. A escolla de materiais e planificación. Maneiras de narrar.
Colectivo Ollo
17.45. Saída fotográfica II
20.00. Pausa
21.30. Cea e proxección nocturna
DOMINGO 7 DE XULLO
9:30. A edición e os formatos de difusión.
Varios membros do Colectivo Ollo
10.15. Saída fotográfica III
12.15. Revisión materiais, análise imaxes, primeira selección.
13:30. Pausa comida.
15.30. Revisión de portfolios (opcional).
16.00. Edición e esbozo organizativo da publicación.
18.00. Presentación e debate conxunto dos proxectos finais.
19:30. Peche
*NÚMERO LIMITADO DE ALOXAMENTO A PREZO REDUCIDO, CONTACTA COA DIRECCIÓN DO CURSO CANTO ANTES SE QUERES RESERVAR.