Ir o contido principal

Aproveitando as variacións normativas sobre protección/benestar animal a nivel europeo e a recente publicación da Lei sobre protección e dereitos dos animais en España, proponse a celebración dun curso de verán en colaboración con diferentes organismos e entidades públicas e privadas que analice estas modificacións lexislativas e o seu impacto no traballo das diferentes administracións e dos profesionais que actúan neste campo (veterinarios, enxeñeiros agrícolas, avogados, corpos de seguridade do estado etc.,).