Neste curso presentaranse os resultados das últimas investigacións sobre patrimonio artístico, historia, turismo, economía, plagas, hospitalidade, etc, no Camiño de Santiago realizadas por diversas universidades e centros de investigación internacionais e de referencia, incluídas as patrocinadas pola Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC.
Lugar de celebración: Auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago
Directores: Domingo L. González Lopo e Miguel Taín Guzmán
Secretaría: Silvia González Rodríguez e Sabela Valcárcel Lago
Organiza: Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da Universidade de Santiago de Compostela
Os horarios das actividades poderán sufrir algún tipo de alteración.
Información e consultas sobre a programación: catedra.caminodesantiago [at] usc.es (catedra[dot]caminodesantiago[at]usc[dot]es)
PROGRAMA
Luns (14 xullo)
09:10 h
Inauguración
Sección 1: Sabios do Camiño de Santiago
10-11:30h
Conferencia inaugural: Manuel Castiñeiras (Presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e Catedrático de Historia da Arte da Universidade de Barcelona): Santiago y los centros de peregrinación en el Mediterráneo medieval (Roma, Xerusalén, Éfeso, Lucca, Sinaí). A globalidade antes da era moderna.
11:30-13h
Xesús Palmou Lorenzo (Presidente Honorario da Academia Xacobea): Hospitais e medicina no Camiño de Santiago.
13:00-14:30h
Maryjane Dunn (Profesora de Español na Universidade de Southwest Minnesota State University, en Marshall, Minnesota, e tradutora ao Inglés do Códice Calixtino): Os segredos do Liber Sancti Jacobi-Códice Calixtino.
Tarde
17:00-20:00h
Sesión de debate en directo dirixida por Raúl Fernando Gómez, Podcaster de ‘Senderos Jacobeos’, con Manuel Castiñeiras, Xesús Palmou e Maryjane Dunn para falar do pasado, presente e futuro do Camiño de Santiago e a Peregrinación.
Lugar de celebración: Auditorio Robert Plötz do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, c/ Rúa Carretas, 33.
Martes (15 xullo)
Sección 2: Premio de Investigación da Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións.
9:30-11:00h
Liliana Andreia Valente Neves (Investigadora do Lab2PT, Universidade do Minho, Portugal): Entre peregrinos e viaxeiros. O papel das Misericordias portuguesas na circulación dos máis desfavorecidos (séculos XVII y XVIII).
Sección 3: Investigando coa Cátedra do Camiño: tres proxectos financiados pola Cátedra do Camiño e as Peregrinacións.
11:00-12:30h
Susana Remesar Alonso (Investigación en Sanidade Animal: Galicia - Grupo INVESAGA, Departamento de Patoloxía Animal, Facultade de Veterinaria, Universidade de Santiago de Compostela): Carrachas no Camiño de Santiago (O Cebreiro - Santiago).
12:30-14h
Maria Joao da Cruz Rodrigues Moreia (Profesora de Dereito e Políticas Culturais do Departamento de Estudos Culturais e Sociais do Politécnico da Universidade de Porto): Os camiños de Santiago en Portugal. Análise do proceso de certificación.
Tarde
17:00-20:00h
Visita guiada por Ramón Yzquierdo Peiró, director técnico do Museo da Catedral de Santiago de Compostela: Os tesouros da Catedral de Santiago de Compostela.
Punto de encontro: soportal do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Grupo A ás 17 h. e grupo B ás 18:30 h.
Mércores (16 xullo)
9:30-11h
José Sixto García (Profesor titular do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela): A app AlertCops no Camiño de Santiago: política de comunicación e visibilidade pública.
Sección 4: Últimas investigacións internacionais sobre o Camiño
11-12:30h
María Álvarez Fernández (Profesora Titular de Historia Medieval da Universidade de Oviedo e subdirectora da Cátedra Oviedo, origen del Camino de la Universidad de Oviedo): Alimentar a alma. Mulleres e peregrinacións na Europa medieval.
Sección 5: Premio a Traballo de Fin de Máster-TFG da Cátedra do Camiño
12:30-14h
María Belén Pucci González (estudante do Máster de Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos, da Universidade da Coruña): Análise da representación da muller nas películas do Camiño de Santiago.
Tarde
17:00-20:00h
Proxección da película de The Way, My Way, by Bill Bennett (Australia, 2024); idioma: inglés. Posterior coloquio con John Rafferty (Johnnie Walker), actor na película e difusor do Camiño de Santiago.
Lugar de celebración: Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia.
Jueves (17 xullo)
‘ANDAINA’ POLO CAMIÑO PRIMITIVO
08:00h
Saida de autobuses da Dársena Xoán XXIII.
10:30h
Andaina polo Camiño Primitivo, tramo O Acebo-A Fonsagrada, guiados por Manuel F. Rodríguez, membro da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago-FICS, e as profesoras Silvia González Rodríguez e Sabela Valcárcel Lago (duración: 3 horas e media).
Visita ao patrimonio de A Fonsagrada e a fervenza Seimeira de Vilagocende.
19:30
Regreso a Compostela.
Durante a celebración das sesións do curso os asistentes poderán visitar libremente as coleccións do Museo das Peregrinacións e de Santiago na súa sede da Praza das Praterías; actividade patrocinada polo Museo das Peregrinacións e de Santiago.