O presente curso pretende actualizar os coñecementos teóricos do alumnado de grao e mestrado sobre a biodiversidade, os seus compoñentes, e as ferramentas dispoñibles para a súa cuantificación, e aplicar estes coñecementos de forma práctica á caracterización da biodiversidade de comunidades terrestres localizadas na serra do Courel. O curso se levará a cabo nas instalacións da Estación Científica do Courel da Universidade de Santiago de Compostela.
Dirección: Teresa Boquete Seoane, Agustín Camacho Guerrero, Javier Valverde Morillas
Secretaría: Zulema Varela Río
Lugar de celebración: Estación Científica do Courel (USC) - Seoane do Courel (Lugo)
2 créditos ECTS
Este curso conta cun co-financiamento da Deputación de Lugo e coa colaboración da Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel (ADRSC) e a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT).
PROGRAMA
Día 31 de xullo
15:00h
Chegada á Estación Científica do Courel
15:30 a 16:00h
Introdución ao patrimonio natural do Courel
Marcos Reinoso (Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel, ADRSC)
Óscar Rivas (Asociación Galega de Custodia do Territorio, AGCT)
16:00 a 17:00h
Módulo 1: Introdución e conceptos básicos de biodiversidade
Definición e compoñentes da biodiversidade; Métodos de cuantificación da biodiversidade.
17:00 a 17:15h Descanso
17:15 a 19:00h
Continuación Módulo 1
Estratexias de mostraxe en estudios de biodiversidade; Introdución á xustificación dos obxectivos dos estudos de biodiversidade no contexto de proxectos de investigación e traballos científicos.
19:00 a 21:00h
Actividade voluntaria
Visita guiada por Marcos Reinoso (ADRSC) e Óscar Rivas (AGCT) ao Souto de Seoane cos produtores locais
Degustación de produto local (mel, castañas, etc.)
Día 1 de agosto
09:00 a 13:00h
Práctica de campo 1 (PC1): Aplicación práctica das metodoloxías de mostraxe abordadas o día 1 (saída a dúas localidades próximas á Devesa da Rogueira)
15:30 a 17:00h
Práctica de ordenador 1 (PO1): Introdución ao procesado de datos de biodiversidade empregando R e Excel
Preparación de táboas de datos brutos; Filtrado de datos brutos e creación de gráficos exploratorios; Determinación de índices de biodiversidade; Construción de curvas de acumulación de especies e uso do método de rarefacción para a determinación da riqueza específica; Comparación de metodoloxías de mostraxe mediante o cálculo do esforzo de mostraxe.
17:00 a 17:30h Descanso
17:30 a 19:00h
Módulo 2: Avaliación dos cambios na biodiversidade en gradientes espaciais
Definición de diversidade beta e de recambio de especies; Métodos de cuantificación (índices de di/similitude); Discusión dos efectos de borde e autocorrelación espacial; Introdución á redacción da parte metodolóxica nun documento científico.
19:00 a 21:00h
Actividade voluntaria
Percorrido pola beira do río Lor guiado por Marcos Reinoso (ADRSC) e Óscar Rivas (AGCT).
Día 2 de agosto
09:00 a 13:00h
Práctica de campo 2 (PC2): Mostraxe de flora e fauna en comunidades terrestres (saída a dúas localidades próximas á Devesa da Rogueira, unha queimada e unha non perturbada)
15:30 a 17:00h
Práctica de ordenador 2 (PO2): Introdución ao análise espacial de datos de biodiversidade
Procesado de datos colectados na PC2 empregando a mesma metodoloxía que na PO1 e comparativa das dúas comunidades; Representación gráfica da diversidade beta nas comunidades estudiadas; Relación de índices de disimilitude coa distancia xeográfica dentro e entre as dúas comunidades estudiadas.
17:00 a 17:30h Descanso
17:30 a 19:00h
Módulo 3: Avaliación de cambios temporais na biodiversidade
Cuantificación das variacións temporais na composición de especies e biodiversidade. Factores que determinan dita variación que se determinarán mediante comparativa dos resultados das prácticas de campo PC2 e PC3. Breve introdución á redacción dos resultados e discusión nun documento científico.
Día 3 de agosto
09:00 a 13:00h
Práctica de campo 3 (PC3): Mostraxe de flora e fauna en comunidades terrestres (nova saída ás dúas localidades próximas á Devesa da Rogueira, visitando a que non se estudou na PC2)
15:30 a 17:00h
Práctica de ordenador 3 (PO3): Introdución ao análise temporal de datos de biodiversidade
Análise de series de datos temporais dos datos recollidos durante as prácticas de campo PC1 a PC3; Discusión dos resultados obtidos ao longo do curso.
17:00 a 17:30h Descanso
17:30 a 19:00h
Módulo 4: A carreira investigadora
Introdución á carreira investigadora en España, dereitos laborais e colectivos científicos existentes. As dimensións do traballo investigador: formación continuada, solicitude de permisos para a colecta, análise e publicación de resultados, asistencia a congresos/reunións/networking solicitude de financiación, supervisión de estudantes, etc.
Día 4 de agosto
09:00 a 12:00h
Práctica de ordenador 4 (PO4): Elaboración dun informe científico
Redacción dun breve informe cos resultados obtidos ao longo do curso e empregando as ferramentas de escritura abordadas ao longo dos 4 días.
12:00 a 13:00h
Breve exposición dos resultados obtidos, últimas reflexións e despedida do curso