Este curso fomenta o intercambio de experiencias entre profesionais, promovendo a igualdade de oportunidades e cuestionando roles e estereotipos de xénero. Ademais, procurará sensibilizar sobre as violencias machistas, ofrecer ferramentas para combatelas e fortalecer o papel activo do profesorado na construción dunha sociedade máis xusta. A análise de boas prácticas educativas e a reflexión son claves para promover cambios reais. Todo isto orientado a transformar mentalidades, actitudes e prácticas que favorezan a equidade no ámbito educativo e social.
Dirección: Milena Villar Varela e Ma Jesús Payo Negro
Secretaría: Celso Taboada Lorenzo e Ma del Mar Sanjuán Roca
Lugar de celebración: Edificio Sociocultural na Rúa Manuel Rivero de Lalín (Pontevedra)
Web propia
Este curso conta cun co-financiamento do Concello de Lalín
PROGRAMA
Martes 8 de xullo
VIOLENCIAS
9:00 h
Entrega de materiais
9:30 h
Inauguración oficial do curso
10:00 h
Conferencia inaugural
20 anos de traballo contra a violencia de xénero
Paz Filgueira Paz, Maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia de Santiago de Compostela e Experta en Violencia de Xénero
11:15 h
Rolda de preguntas - Debate
11:45 h
Pausa
12:15 h
Conferencia
A violencia e os homes de verdade
Miguel Lorente Acosta, Profesor da Universidade de Granada. Especialista en Medicina Legal. Máster en Bioética e Dereito. Médico Forense e Experto en Violencia de Xénero
13:30 h
Rolda de preguntas - Debate
14:00 h
Descanso
16:00 h
Conferencia
A explotación patriarcal dos corpos das mulleres
Silvia Pérez Freire, Docente e investigadora na UVigo especializada en Violencia de Xénero
17:15 h
Rolda de preguntas - Debate
17:45 h
Pausa
18:15 h
Conferencia
Feminismo antiespecista: ética animal dende a perspectiva de xénero
Catia Faria, Doutora en Filosofía Moral e Profesora na Universidade Complutense de Madrid
19:30 h
Rolda de preguntas - Debate
20:00 h
Fin xornada
Mércores 9 de xullo
REDES SOCIAIS
10:00 h
Conferencia
Pantallas e sombras: a violencia dixital e a pornografía na era da xeración Z
Patricia Alonso Ruido, Docente e investigadora na Facultade de Ciencias da Educación da USC, vinculada ao Grupo de Investigación ESCULCA
11:15 h
Rolda de preguntas - Debate
11:45 h
Pausa
12:15 h
Conferencia
A vulneración dos dereitos humanos a través da lexitimación das violencias sexuais
Mabel Lozano, Directora. Guionista. Documentalista e Activista Social
13:30 h
Rolda de preguntas - Debate
14:00 h
Descanso
16:00 h
Conferencia
Masculinidades, diversidade e redes sociais
Iván Gomez Beltrán (Iván Gombel), Historiador e Doutor en Xénero e Diversidade
17:15 h
Rolda de preguntas - Debate
17:45 h
Pausa
18:15 h
Conferencia
As mulleres que non obedecen: mulleres agresivas e violentas
Irantzu Varela, Licenciada en Periodismo. Experta en Comunicación, Perspectiva Feminista e Violencia de Xénero
19:30 h
Rolda de preguntas - Debate
20:00 h
Fin xornada
Xoves 10 de xullo
CONSENTIMENTO
10:00 h
Conferencia
A ficción do consentimento sexual
Rosa Cobo Bedia, Profesora de Socioloxía da Universidade da Coruña. Presidenta da Rede Académica Internacional de Estudos sobre Prostitución e Pornografía
11:15 h
Rolda de preguntas - Debate
11:45 h
Pausa
12:15 h
Conferencia
Machos alfa-betizados no consentimento
Octavio Salazar, Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Córdoba e membro da Rede Feminista de Dereito Constitucional
13:30 h
Rolda de preguntas - Debate
14:00 h
Descanso
16:00 h
Conferencia
Discursos contrarios á educación sexual nos centros educativos
Soraya Calvo, Profesora en Ciencias da Educación da Universidade de Oviedo. Experta en Intervención e Investigación Socioeducativa
17:15 h
Rolda de preguntas - Debate
17:45 h
Pausa
18:15 h
Conferencia
Coeducar para transformar: competencias docentes fronte á violencia de xénero.
María Ángeles Rebollo Catalán, catedrática en Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da Universidade de Sevilla. Experta en coeducación e prevención da violencia de xénero.
19:30 h
Rolda de preguntas - Debate
20:00 h
Fin xornada
Venres 11 de xullo
COEDUCACIÓN
10:00 h
Performance Musical
Emocións fronte as violencias
Casperveck
11:15 h
Rolda de preguntas - Debate
11:45 h
Pausa
12:15 h
Conferencia
Coeduquemos para neutralizar as violencias
Carmen Ruiz Repullo, Profesora de Socioloxía da Universidade de Jaén. Experta en Coeducación e Violencia de Xénero
13:30 h
Rolda de preguntas - Debate
14:00 h
Acto de clausura