O curso ten como obxectivo xeral o coñecemento de novas olladas, técnicas e procedementos dentro da fotografía contemporánea galega co propósito de desenvolver un proxecto de documentalismo fotográfico colaborativo. A través da realización desta proposta, búscase que o alumnado teña un lugar de encontro con profesionais dentro do contexto fotográfico galego no que se fale sobre novas metodoloxías, proxectos, e a importancia da imaxe como testemuña e documento. O alumnado adquirirá unhas ferramentas que lle permitirán desenvolver a actividade final proposta: un proxecto fotográfico colaborativo que concluirá na realización dunha exposición e publicación.
Dirección: Mª Soliña Barreiro González e Jennifer Novoa Domínguez
Secretaría: Sara Calvete Lorenzo
Lugar de celebración: Auditorio da Casa da Cultura de Porto do Son
1 crédito ECTS
Web propia
PROGRAMA
Venres 30 de xuño
15:00 Recepción dos participantes e apertura do curso.
15:15 Fotoxornalismo e documentalismo fotográfico: unha categorización dende os traballos de Anna Turbau e Cristina García Rodero. Con Jennifer Novoa.
16:00 O Proxecto fotográfico: do persoal ao documental e do documental ao persoal. As imaxes pasman? As imaxes anestesian? Con Adra Pallón.
16:50 Pausa
17:15 A Escolla do tema, busca de referentes e ideas. Con Vanesa Casteleiro e Agostiño Iglesias
18:00 Maneiras de narrar. Con Brais Lorenzo
18:50 Breve presentación das temáticas e encargos de documentación.
19:30 Creación de grupos, escolla de materiais e asignación de titores.
20:00 Proxección comentada de proxectos fotoxornalísticos.
Sábado 1 de xullo
09:00 Reunión, distribución de material e inicio da saída fotográfica.
13:00 Pausa comida.
15:00 Selección fotográfica e primeira edición
17:00 Posta en común e debate
18:00 Edición e esbozo organizativo da publicación.
19:00 Peche do curso.