Este curso ten como obxectivo xeral o desenvolvemento de novas olladas fotográficas a través do coñecemento das tendencias, técnicas e procedementos da fotografía contemporánea galega. Isto farase a través do desenvolvemento dun documentalismo fotográfico colaborativo titorizado por fotógrafos do Colectivo Ollo. A través da realización desta proposta, búscase que o alumnado teña un lugar de encontro con profesionais dentro do contexto fotográfico galego e que poña en práctica novas metodoloxías para o desenvolvemento dun proxecto colaborativo que concluirá na realización dunha exposición e publicación.
Dirección: Mª Soliña Barreiro
Lugar de celebración: Casa da Xuventude. Ribeira
Web propia
Este curso conta cun co-financiamento do Concello de Ribeira
** As persoas participantes poden traer as súas CÁMARAS ou solicitar o préstemo gratuíto á organización do curso. Neste último caso prégase escriban no momento da matrícula a mariasolina.barreiro [at] usc.gal (mariasolina[dot]barreiro[at]usc[dot]gal)
** Existe a posibilidade de reservar ALOXAMENTO E COMIDAS conxuntas a un prezo limitado. As persoas interesadas deben escribir á mariasolina.barreiro [at] usc.gal (mariasolina[dot]barreiro[at]usc[dot]gal) para xestionalo no momento da matrícula.
PROGRAMA
Sábado 5 de xullo
09:30
Recepción dos participantes e apertura do curso.
Mª Soliña Barreiro
09:45
O proxecto fotográfico: a escolla do tema, busca de referentes e ideas.
Vanessa Casteleiro-Colectivo Ollo
10:30
Creación de grupos, adscrición de titores.
11:00
Debate e selección temática por grupos.
11.30
Saída fotográfica 1
13.30
Comida
15.30
O patrimonio fotográfico clásico galego [simultánea]
Colectivo A Mira(n)da
15.30
Revisión de portfolios (opcional)
Colectivo Ollo [simultánea]
16.30
Revisión e análise das imaxes da Saída 1.
17.45
A escolla de materiais e planificación. Maneiras de narrar.
Colectivo Ollo
18.15
Edición e primeira selección das fotografías.
20.00
Pausa
21.30
Cea e proxección fotográfica nocturna
Domingo 6 xullo
9:30
Edición e novos formatos de difusión.
Ruth Arias
10.15
Saída fotográfica 2
12.15
Edición e bosquexo narrativo das imaxes.
13:30
Pausa comida.
15.30
Ribeira na fotografía: das imaxes de Lesmes Fotógrafos a hoxe.
Lesmes Iglesias
16.30
Edición e proposta organizativa da publicación.
18.00
Presentación e debate conxunto dos proxectos finais.
19:30
Peche