Ir o contido principal

Os obxectivos deste curso son: achegar o estado actual dos estudos queer no contexto español e galego; amosar e explicar as variedade de enfoques metodolóxicos nos estudos queer actuais dende diferentes disciplinas; compartir experiencias, dificultades e oportunidades por parte de profesorado e persoal investigador en estudos queer en diferentes disciplinas e etapas da carreira e, finalmente, ofrecer ferramentas e estratexias metodolóxicas e de colaboración concretas e aplicables a diferentes disciplinas e enfoques.