Ir o contido principal

Para facer fronte aos retos e desafíos aos que se enfrontan actualmente a gandería e agricultura é necesario realizar unha formación continua especialmente no uso das novas ferramentas tecnolóxicas. Por este motivo, os obxectivos do curso son: coñecer e incentivar o uso de novas tecnoloxías en gandería de precisión; implementar prácticas sostibles de produción e de benestar animal e, finalmente, diminuír a fenda dixital estudando as necesidades de dixitalización.