Ir o contido principal

Os contidos deste curso están enfocados en integrar a valoración do estado nutricional dun deportista coas necesidades e recomendacións nutricionais para elaborar dietas axeitadas en función dunha actividade metabólica aumentada durante o exercicio físico. Os contidos do curso poden dividirse en 3 bloques temáticos: a fisioloxía da actividade física, a valoración do estado nutricional, e as estratexias dietético-nutricionais clásicas e avanzadas.