Na actual “sociedade datificada” todo se cuantifica, e faise preciso dispor de ferramentas que permitan extraer información relevante dos datos capturados, resumíndoa e visualizándoa de xeito sinxelo. Neste marco, os obxectivos que se formulan para este curso son: (1) que o alumnado coñeza as funcionalidades básicas de R como programa para o tratamento estatístico de datos e (2) que adquira as habilidades necesarias para desenvolver análises estatísticas descritivas e inferenciais (estimación, contrastes e predicións)
Dirección: Rosa Mª Crujeiras Casais
Secretaría: Mª Isabel Borrajo García e Mercedes Conde Amboage
Lugar de celebración: Facultade de Matemáticas. Santiago de Compostela
2 créditos ECTS
Web propia
PROGRAMA
Día 17 de xullo
9:30 a 10:00
Entrega de documentación e inauguración do curso
10:00 a 14:00
Módulo 1: Introdución a R
Día 18 de xullo
10:00 a 14:00
Módulo 2: Estatística descritiva univariante
Día 19 de xullo
10:00 a 14:00
Módulo 3: Estatística descritiva multivariante
Día 20 de xullo
10:00 a 14:00
Módulo 4: Inferencia Estatística paramétrica (parte I)
Día 21 de xullo
10:00 a 14:00
Módulo 4: Inferencia Estatística paramétrica (parte II)
Día 24 de xullo
10:00 a 14:00
Módulo 5: Inferencia Estatística nonparamétrica (parte I)
Día 26 de xullo
10:00 a 12:00
Módulo 5: Inferencia Estatística nonparamétrica (parte II)
12:00 a 14:00
Módulo 6: Modelos de regresión (parte I)
Día 27 de xullo
10:00 a 14:00
Módulo 6: Modelos de regresión (parte II)
Día 28 de xullo
10:00 a 14:00
Módulo 7: Introdución á Análise Multivariante
ASPECTOS A TER EN CONTA
Dado que as/os participantes terán que empregar os ordenadores das aulas de informática da Facultade de Matemáticas, aquelas/es asistentes que non teñan un enderezo electrónico na USC, deberán escribirnos ao enderezo uscveran-curso-r [at] usc.gal (uscveran-curso-r[at]usc[dot]gal) indicando a súa situación, para que poidamos solicitarlles unha conta.