Ir o contido principal

Na actual sociedade datificada todo se cuantifica, e faise preciso dispor de ferramentas que permitan extraer información relevante dos datos capturados, resumíndoa e visualizándoa de xeito sinxelo. É neste escenario onde a estatística xoga un papel fundamental. Os obxectivos que se formulan para este curso son que o alumnado coñeza as funcionalidades básicas de R como programa para o tratamento estatístico de datos e que adquira as habilidades necesarias para desenvolver análises estatísticas descritivas e inferenciais (estimación, contrastes e predicións).