Ir o contido principal

A historia dominada polo sistema patriarcal provocou que, aínda hoxe, sigamos convivindo nunha sociedade cunha marcada situación de desigualdade, nun marco complexo e poliédrico, de relacións de poder e dominación dos homes sobre as mulleres, a pesar da loita incansable de moitas persoas que se sumaron ao esforzo de lograr maiores cotas de liberdade e democracia. Con poñentes cun gran nivel de coñecemento da materia e mellor capacidade de comunicación desde distintos puntos de vista, trataremos neste curso, de reflexionar sobre os seguintes tópicos: CiberProstitución; Coeducación; Consentimento; Cultura da Impunidade; Cultura do Medo; Cultura do Silencio; Cultura da Violación; Educación; Escola; Feminismo; Hipersexualización; Machismo; Masculinidade; Manosfera; Patriarcado; Pornosocialización; Prostitución; Sexismo; Sexualidade; Só si é si; Trata