Ir o contido principal

Os obxectivos do curso son comprender os principios e procesos que rexen o uso das redes sociais no mundo das profesións actuais; coñecer as bases da comunicación dixital e a súa aplicación práctica en diferentes contextos profesionais; analizar a importancia do autocoñecemento do perfil profesional na promoción da empregabilidade; concienciar sobre a relevancia da formación en competencias transversais como elemento clave na mellora da empregabilidade; formar na busca, consulta e candidatura a ofertas de traballo a través de Internet, aprendendo a deseñar un perfil profesional online; reflexionar sobre as vantaxes do uso das novas tecnoloxías para mellorar a empregabilidade; identificar diferentes plataformas e redes sociais onde explorar posibilidades laborais axustadas ao perfil profesional.