O obxectivo do curso é analizar a traxectoria, a obra e a achega de Francisco Fernández del Riego, como activista, intelectual, estudoso e escritor, nos seus sucesivos contextos históricos, e en relación cos fenómenos sociais e os proxectos políticos e culturais en que se implicou: a IIª República (movemento estudantil universitario e Partido Galeguista), a guerra civil, a ditadura franquista (resistencia política e cultural, Editorial Galaxia, Fundación Penzol e revista Grial, relación coa diáspora galeguista) e a autonomía.
Dirección: Henrique Monteagudo
Secretaría: Alejandro Alonso Nogueira
Lugar de celebración: Auditorio Casa do Concello - Vilanova de Lourenzá
1 crédito ECTS
Este curso está co-financiado polo Concello de Vilanova de Lourenzá, a Deputación de Lugo e a Real Academia Galega
PROGRAMA
Día 4
17:00 a 17-30
Inauguración do curso
Alcaldesa de Lourenzá, Presidente da Real Academia Galega, Reitor da Universidade de Santiago
17:30
Francisco Fernández del Riego na Real Academia galega
Víctor F. Freixanes
18:30
Unha traxectoria ao servizo Galicia
María Dolores Villanueva Gesteira
Día 5
9:30
Francisco Fernández del Riego na IIª República: anos de formación política e intelectual
Justo Beramendi
11:00
Mesa Redonda: Da República á resistencia
Relatores: Lourenzo Fernández Prieto: “Francisco Fernández del Riego, un galeguista republicano na Guerra de España”; Uxío Breogán Diéguez: “Francisco Fernández del Riego na posguerra (década dos ’40): A fanada reconstrución do Partigo Galeguista na clandestinidade”; Pablo García Martínez: “Francisco Fernández del Riego e a xente de Galicia emigrante”
Modera: Henrique Monteagudo
12:30
Francisco Fernández del Riego e a diáspora galega en América
Ramón Villares Paz
16:30
O epistolario entre Francisco Fernández del Riego e Luís Seoane: diálogo entre o exilio exterior e o exilio interior
Xesús Alonso Montero
18:00
Francisco Fernández del Riego e Lourenzá
Manuel Román / Xosé López González
Percorrido didáctico polos lugares de Francisco F. del Riego en Lourenzá
Día 6
10:00
Mesa redonda. Epistolario, amizades e redes
Dolores Vilavedra: “Francisco Fernández del Riego, Álvaro Cunqueiro e Ricardo Carballo Calero”; Patricia Arias Chachero: “Francisco Fernández del Riego e Ramón Otero Pedrayo”; Henrique Monteagudo: “Francisco Fernández del Riego, Manuel Rodrigues Lapa e a conexión portuguesa”
Modera: Ramón Nicolás
12:00
Mesa redonda. Memoria, ensaio, paisaxe
Ramón Nicolás Rodríguez: “A obra memorialística de Francisco Fernández del Riego”; María López Sández: “De Trasalba a Lourenzá: a paisaxe na obra de Francisco Fernández del Riego”; Camiño Noia Campos: “Cheguei e loitei, mais tamén gocei”.
Modera: Patricia Airas Chachero
16:30
Francisco Fernández del Riego na editorial Galaxia, na Fundación Penzol e na revista Grial
Xosé Manuel Soutullo
17:30
Mesa Redonda. Francisco Fernández del Riego na «Xeración Galaxia»
Xosé Luís Pastoriza: “A hidra tricéfala de Galaxia: o equipo Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla e Ramón Piñeiro”; Álex Alonso Nogueira: “Francisco Fernández del Riego: a Escolma da poesía galega (IV). Os contemporáneos (1955)”; Xosé Manuel Dasilva: “Francisco Fernández del Riego, editor na resistencia ao franquismo”
Modera: Dolores Vilavedra
19:30
Acto de clausura