Ir o contido principal

O curso ten como obxectivo xeral o coñecemento de novas olladas, técnicas e procedementos dentro da fotografía contemporánea galega co propósito de desenvolver un proxecto de documentalismo fotográfico colaborativo. A través da realización desta proposta, búscase que o alumnado teña un lugar de encontro con profesionais dentro do contexto fotográfico galego no que se fale sobre novas metodoloxías, proxectos, e a importancia da imaxe como testemuña e documento. O alumnado adquirirá unhas ferramentas que lle permitirán desenvolver a actividade final proposta: un proxecto fotográfico colaborativo que concluirá na realización dunha exposición e publicación.