O curso pretende ofrecer unha visión multidisciplinar da prestación de servizos sociosanitarios, combinando a análise académica e a experiencia práctica. O seu obxectivo principal é a divulgación, a reflexión e o debate sobre temas actuais, controvertidos e de interese; así, nesta edición abordaranse, entre outros, psicobioloxía e dereito, a humanización da sanidade, a consideración da discapacidade e da enfermidade, ou os dereitos da persoa da etapa fin de vida.
Dirección: Belén Trigo García
Lugar de celebración: Salón de Actos, Facultade de Dereito, Santiago de Compostela
2 créditos ECTS
PROGRAMA
Luns 4 de setembro
9:30 h. Inauguración e entrega de documentación
10:00-11:30 h. . Evolución histórica dos ideais da Cruz Vermella e a súa concreción na actividade local. O caso da Asemblea de Santiago
Miguel Ángel Sánchez del Río, mestre e psicopedagogo, autor do libro La Cruz Roja en Compostela. Historia de la Asamblea de Santiago. Voluntario e socio da Cruz Roja de Santiago desde 1995
11:30-12:00 h. Descanso
12:00 h. Enfermidade e dereito: discapacidade, discriminación, responsabilidade civil e prestacións sociais
Belén Trigo García, profesora contratada doutora de dereito civil, USC
16:00 h. Cineforum
Martes 5 de setembro
10:00 h. O paradigma da Xustiza Terapéutica e aplicacións
Francisca Fariña Rivera, catedrática de psicoloxía básica, Universidade de Vigo. Presidenta da Asociación Iberoamericana de Justicia Terapéutica
10:45 h. Xustiza terapéutica e procesos de familia: avaliación pericial, mediación familiar e coordinación de parentalidade
Dolores Seijo Martínez, profesora titular de psicoloxía organizacional e xurídico-forense, USC
11:30-12:00 h. Descanso
12:00 h. A avaliación pericial psicolóxica en denunciantes por violencia de xénero
Ramón Arce Fernández, catedrático de psicoloxía organizacional e xurídico-forense, USC
12:45 h. Análise das experiencias das mulleres que denuncian violencia de xénero desde a perspectiva da Xustiza Terapéutica
Mercedes Novo Pérez, profesora titular de psicoloxía organizacional e xurídico-forense, USC
Blanca Cea, investigadora predoutoral, USC
Álvaro Montes, investigador predoutoral, USC
16:00 h. Cineforum
Mércores 6 de setembro
10:00 h. Cambio de paradigma na asistencia sanitaria: a toma de decisións
Isabel Blanco Domínguez, médica e vicepresidenta de DMD Galicia (Asociación Derecho a Morir Dignamente)
Leonor Estévez Álvarez, médica de emerxencias extrahospitalarias e directiva de DMD Galicia
Alexandra Sanmarful Schwarz, médica de familia do Sergas e especialista en coidados paliativos
16:00 h. Cineforum
Xoves 7 de setembro
10:00 h. A humanización na sanidade, unha necesidade?
Mª José Menor Rodríguez, Subdirectora de Humanización e atención á cidadanía da área Santiago de Compostela - Barbanza
13:30 Clausura