Ir o contido principal

Se vostede non dispón de acceso á secretaría virtual, pode usar este formulario para presentar unha queixa ou suxestión en relación ao funcionamento dos servizos académicos, tanto docentes, como administrativos ou de apoio da USC.

A Oficina de Análise de Reclamacións (OAR) será a responsable da súa resposta e recibirá unha contestación á maior brevidade posible.

En calquera momento a OAR poderá dirixirse a vostede para ampliar os datos achegados.

Recordámoslle que a presentación dunha queixa non interrumpe o prazo para a presentación dun recurso administrativo.

De conformidade co Regulamento UE 2016/679, os datos solicitados serán tratados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no tratamento “Xestión académica e alumnado” coa finalidade de xestión dos procesos de acceso á universidade, de matrícula, continuación de estudos, traslados, xestión dos expedientes académicos, dos títulos e dos cursos de posgrado, terceiro ciclo e formación continua, tramitación de reclamacións, recursos, queixas e suxestións, control económico de prezos, enquisas, prácticas, así como calquera outra actividade que se inclúa na xestión académica administrativa.

O responsable do devandito tratamento é a Secretaría Xeral da USC, cuxos datos de contacto son Praza do Obradoiro, s/n, 15782- Santiago de Compostela, mail: sec.xeral@usc.es, teléfono 881811009.

A base de xustificación deste tratamento é a prestación do servizo de educación superior (Lei Orgánica de Universidades e na Lei autonómica 6/2013, do Sistema Universitario de Galicia), así como, nos casos en que así se autorice, o consentimento expresado polas persoas interesadas.

Poderanse ceder datos a administracións públicas con competencias na materia, e nos supostos de obrigacións legais.

As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento oposición e portabilidad a través de Sede Electrónica en https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm.

Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que consideren oportuna.

Os datos serán conservados durante o período no que se realice a finalidade para a que foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais. Cumprida a finalidade, os datos que non formen parte da prestación do servizo público bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables.

A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en
http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html

Nome

Apelidos

DNI/Pasaporte

Titulación

Enderezo

Concello

Código postal

Provincia

Teléfono

Correo electrónico

Expoño os seguintes feitos obxecto da presente

Texto