O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres conmemórase cada ano o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e co fin de reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Neste senso a USC organizará un acto conmemorativo o propio día 25 que se iniciará na praza do Obradoiro ás 11.30 cun minuto de silencio e que continuará no Salón Nobre de Fonseca coas intervencións das autoridades presentes e coa estrea do documental 'INMIGRACiÓNS', realizado por Juan Moredo, con coreografía de Rosa Acuña e con guión de Juan Carlos Zahera. Así mesmo, no Campus de Lugo, ás 12.00 e diante do Edificio Intercentros, gardarase un minuto de silencio e lerase o Manifesto da RUIGEU.
Actividades relacionadas co 25N
'NaConaDaVellaNonMandaNinguén'
- Data: do 15 ó 29 de novembro
- Lugar: Facultade de Psicoloxía
- Organiza: estudantado do Máster Interuniversitario de Psicoxerontoloxía
- Persoas ás que se dirixe: público en xeral
- Descrición: esta actividade está organizada polo estudantado do Máster Interuniversitario de Psicoxerontoloxía, e ten como finalidade dar a coñecer a dobre violencia que sofren as mulleres maiores por ser maiores e por ser mulleres. Consta de carteis colocados de xeito estratéxico polo centro e permanecerán expostos entre os días 15 e 29 de novembro.
'Pasapalabra. Rosco das violencias contra as mulleres'
- Data: do 20 ó 29 de novembro
- Lugar: módulo central, fronte á cafetería da Facultade de Psicoloxía
- Organiza: decanato da da Facultade de Psicoloxía
- Persoas ás que se dirixe: público en xeral
- Descrición: especialmente deseñado para coñecer o grao de coñecemento que temos de termos vencellados á violencia de xénero. Esta actividade está deseñada para que calquera poida acceder ó rosco a través dunha aplicación escaneando un código QR e que poidan avaliar canto sabemos acerca das violencias contra as mulleres. A particularidade é que se poderá obter feedback e ofrecerá definicións correctas ós conceptos recollidos no rosco. Dado o carácter formativo da actividade, unha vez cuberto o rosco, poderase descargar un documento pdf no que se incluirá toda esta información.
'Violencias dixitais cotiás'
- Data: 20 de novembro; a carteleira permanecerá no centro polo menos tres semanas
- Hora: 18.00
- Lugar: aula 10 da Facultade de Psicoloxía
- Organiza: o estudantado do Máster en Psicoloxía desenvolverá a actividade no marco das 'Faíscas culturais' organizadas pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura
- Persoas ás que se dirixe: público en xeral
- Descrición: esta actividade desenvolvida polo estudantado do Máster en Psicoloxía, ten por obxecto concienciar sobre as diversas formas de violencia de xénero en contornos dixitais. Búscase facilitar a reflexión das estudantes para que poidan identificar actos comúns de violencia dixital e comprender o impacto destas prácticas. Para iso, colocaranse carteis nos baños da facultade e repartiranse folletos que abordarán distintos tipos de violencia dixital tales como: acoso en redes sociais, manipulación e control de imaxes ou o control a través das redes sociais.
Debate-coloquio: 'Prostitución ¿=? violencia sexual
- Data: 21 de novembro
- Hora: das 11.00 ás 12.00 horas
- Lugar: aula 13 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
- Organizan: Facultade de Ciencias da Educación e Fiet (entidade especializada na detección e atención integral a vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual)
Programa:
-
11.00 horas. Presentación da xornada
Lorena Añón Loureiro, profesora do Master de Igualdade, Xénero e Educación da USC e investigadora do proxecto de investigación "Estudio sobre el sistema prostitucional en la era digital: una radiografía sociológica a partir de los discursos de las mujeres prostituidas y/o víctimas de trata sexual y personas técnicas"
Lectura por parte de Helga Pita Romero, educadora social e coordinadora do Proxecto de detección de VTSH da ONG Fiet, dun breve texto do libro da autora Amelia Tiganus "La revuelta de las putas" que forma parte do Programa MAVI (Maleta Viaxeira contra a violencia de xénero), unha iniciativa da Subdelegación do Goberno da Coruña. -
11.10 horas. Espazo de debate
Para compartir opinións, sensacións e visións sobre a temática
-
11.50 horas. Conclusións
Lara Triñanes Queiruga, educadora social e psicóloga no Proxecto de detección de VTSH da ONG Fiet
- 12.00 horas. Peche
Achegas para a prevención da violencia obstétrica
- Data: 25 de novembro
- Hora: das 10.00 ás 12.00 horas
- Lugar: Aula Magna Edificio Docente Novoa Santos
- Organiza: Grupo de Traballo de Xénero - Facultade de Enfermaría da USC
- Persoas ás que se dirixe e vías de participación: estudantado de enfermaría. Presencial.
- Descrición: Carmen Aguilera, graduada en Enfermaría pola USC, desenvolve a súa formación como especialista en enfermaría obstétrico – xinecolóxica en Pontevedra. Carmen falaranos do que é a violencia obstétrica e da súa identificación, do impacto desta violencia na vida das mulleres e proporá ferramentas para abordar a súa prevención. Ó final do relatorio abrirase un debate no que compartir ideas e preocupacións sobre a temática.
Actualización da listaxe de vítimas da violencia de xénero
- Data: 25 de novembro
- Hora: 11.00
- Lugar: Hall da Facultade de Filosofía
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero. Facultade de Filosofía
- Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
- Descrición: dende hai anos a Comisión de Igualdade de Xénero da nosa facultade actualiza mensualmente a listaxe de vítimas da violencia de xénero os primeiros mércores de cada mes ás 11.00 horas. Coincidindo co 25N iniciaremos unha nova listaxe para este curso académico 2024/2025 que quedará visible na entrada da facultade. Convocamos a toda a comunidade universitaria a este acto simbólico, co desexo de que esta tarefa remate para sempre.
Lectura do manifesto. Minuto de silencio e lectura do manifesto
- Data: 25 de novembro
- Hora: 11.10
- Lugar: Hall da Facultade de Filosofía
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero. Facultade de Filosofía
- Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Acto institucional conmemorativo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Programa Santiago:
- Minuto de silencio e lectura do Manifesto 25N da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU)
- Data: 25 de novembro
- Hora: 11.30
- Lugar: praza do Obradoiro
-
Intervención de Roberto Barba Alvedro (director Xeral de loita contra a violencia de xénero da Xunta de Galicia)
- Intervención do reitor
- Estrea do documental "INMIGRACiÓNS", realizado por Juan Moredo, con coreografía de Rosa Acuña e con guión de Juan Carlos Zahera
- Hora: 12.00
- Lugar: Salón Nobre de Fonseca
- Peche do acto
Programa Campus de Lugo
- Minuto de silencio e lectura do Manifesto 25N da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU). Asistirán o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e a delegada do reitor para a Igualdade, Sonia Esperanza Rodríguez Boente.
- Data: 25 de novembro
- Hora: 12.00
- Lugar: Edificio Intercentros
-
Performance: ‘Non son cifras, son persoas’
- Data: 25 de novembro
- Hora: 12.00
- Lugar: Edificio Intercentros
- Organizan: comisións de igualdade do Campus de Lugo
- Descrición: baixo o lema ‘Non son cifras, son persoas’ a comunidade universitaria do Campus de Lugo participará nunha performance organizada polas comisións de Igualdade do Campus. Tamén se manterá un minuto de silencio e lerase o Manifesto RIUGEU
Lectura do Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU) a cargo de Inés Blanco González (estudante do MUP)
- Data: 25 de novembro
- Hora: 12.00
- Lugar: Facultade de Psicoloxía
- Organiza: Facultade de Psicoloxía
Lectura do Manifesto institucional do 25 de novembro
- Data: 25 de novembro
- Hora: 12.00
- Lugar: escaleiras da entrada da Facultade de Formación do Profesorado (Campus Terra, Lugo)
- Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Formación do Profesorado
- Dirixida á comunidade universitaria do centro
Actuación musical a cargo de Nélida Santiago Sánchez (estudante de Grao en Psicoloxía) - A peza seleccionada, para violín, será Schindler's list
- Data: 25 de novembro
- Hora: 12.10
- Lugar: Facultade de Psicoloxía
- Organiza: Facultade de Psicoloxía
Performances
El hilo rojo de la opresión y la liberación
- Data: 25 de novembro
- Hora: 13.00
- Lugar: Praza do Obradoiro
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
Orgullo y dominio
- Data: 25 de novembro
- Hora: 13.15
- Lugar: Praza da Quintana
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
Un sufrimiento esperanzador
- Data: 25 de novembro
- Hora: 13.30
- Lugar: Praza do Obradoiro
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
Romper el espejo
- Data: 25 de novembro
- Hora: 13.45
- Lugar: Praza do Obradoiro
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
Mulleres músicas silenciadas
- Data: 25 de novembro
- Hora: 13.50
- Lugar: Praza do Obradoiro
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
Último aliento
- Data: 25 de novembro
- Hora: 14.00
- Lugar: Praza do Obradoiro
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
La reconstrucción
- Data: 25 de novembro
- Hora: 14.15
- Lugar: Praza da Quintana
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
Lectura do manifesto 25N
- Data: 25 de novembro
- Hora: 14.30
- Lugar: Aula Castelao da Facultade de Medicina
- Organiza: Decanato da Facultade de Medicina
A violencia social: 'As malas mulleres'
- Data: 25 de novembro
- Hora: 17.00
- Lugar: Salón de Actos do Campus Vida
- Organiza: Facultade de Ciencias da Educación
- Entrada: libre ata completar a capacidade do espazo
- Descrición: Marilar Aleixandre ten unha longa traxectoria en pensamento feminista que abrangue o ensaio, a escrita de ficción e o activismo social e político. A partir da súa obra 'As malas mulleres', Premio Nacional de Narrativa 2023, reflexionará sobre as diversas formas de represión e violencia que padeceron as mulleres nun momento clave da historia de Galicia -nela transitan figuras como Concepción Arenal, Juana de Vega ou Emilia Pardo Bazán- e en espazos como as galeras, as prisións de mulleres, para traer a súa reflexión ao momento presente.
Proxección do filme 'Outrage' (1950), de Ida Lupino, coa participación de Cruz Fernández González
- Data: 25 de novembro
- Hora: 18.00
- Lugar: Salón de Actos da Facultade de Filosofía
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero. Ciclo de Cinema Filosófico. Facultade de Filosofía
- Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Punto de encontro de homenaxe ás vítimas da violencia de xénero
- Data: 25 de novembro
- Lugar: Facultade de Relacións Laborais
- Organiza: Facultade de Relacións Laborais
- Persoas ás que se dirixe e vías de participación: estudantado do Grao de Relacións Laborais e RRHH, do Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral e Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense / vía telemática
- Descrición: con motivo do 25N o centro preparará en colaboración co alumnado un espazo no que se homenaxeará ás persoas vítimas da violencia de xénero
Faladoiro: 'As violencias de xénero: unha mirada desde as científicas da educación'
- Data: 26 de novembro
- Hora: 09.30
- Lugar: Salón de Actos Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)
- Organiza: Facultade de Ciencias da Educación
- Interveñen: Milena Villar Varela e Felicidad Barreiro Fernández (grupo de investigación GEFIL e IDEA);
Patricia Alonso Ruido (grupo de investigación ESCULCA); Lorena Añón Loureiro (grupo de investigación ISOPOLIS); M.ª Josefa Mosteiro García (grupo de investigación IDEA). Presenta: María del Mar Lorenzo Moledo (decana Facultade de Ciencias da Educación)
Xornada 'Diálogos e reflexións sobre a violencia simbólica e sexual na era dixital: unha aproximación ao sistema prostitucional'
- Data: 29 de novembro
- Lugar: Sala María Barbeito da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
- Organizan: persoas técnicas de entidades de acción social en Galicia, estudantado dos graos en Mestra/e en Educación e o equipo de investigación de "El sistema prostitucional en la era digital: una radiografía sociológica a partir de los discursos de las mujeres prostituidas y las personas técnicas en Galicia"
Programa
10.00 a 10.15 - Inauguración
10.15 a 11.00 - 'O sistema prostitucional na era dixital: radiografía sociolóxica a partir dos discursos das mulleres prostituídas e/oou vítimas de trata sexual e persoas técnicas en Galicia'
Jorge García Marín, Lorena Añón Loureiro e Begoña Gómez Vázquez, docentes e persoal investigador da Universidade de Santiago de Compostela
11.00 a 11.30 - Charla
'Combater a manosfera: unha campaña contra a trata na era dixital'
Emma Velo. Área de Comunicación da ONG Ecos do Sur
11.30 a 12.15 - Charla
'The good agency? Sesibilizar sobre a explotación sexual en contornos dixitais'
Natalia Colmenar e David Santos. ONG Diaconía España
12.15 a 12.45 - Mesa redonda
Diálogos e reflexións sobre a violencia simbólica e sexual na era dixital: un encontro
12.45 a 13.00 - Vídeo de clausura da xornada
Mandarase certificado de asistencia ao correo electrónico da persoa inscrita.
Para máis información pode contactar con lorena.anon [at] usc.es (lorena[dot]anon[at]usc[dot]es)
Creación dun punto violeta na Facultade de Bioloxía
- Data, hora e lugar: exposición permanente a partir da sua creación (entre novembro e decembro de 2024)
- Organiza: comisión de igualdade da Facultade de Bioloxía
- Persoas ás que se dirixe e vías de participación: estudantado, PDI e PTXAS
- Descrición: colocarase un cartel ou roll up nun lugar transitado pero con certo grado de recollemento, no que se inserirá un código QR que leve o protocolo
Exposición permanente: 'A violencia non sempre é física'
- Data, hora e lugar: exposición permanente
- Organiza: comisión de igualdade da Facultade de Bioloxía
- Persoas ás que se dirixe e vías de participación: estudantado, PDI e PTXAS
- Descrición: conxunto de 10 carteis con lemas que denuncian o machismo contra as mulleres
Actividades diversas vencelladas ó 25N na Facultade de Formación do Profesorado
- Selección de fondos bibliográficos relacionados coa temática coa axuda dos membros da biblioteca da facultade e que forman parte da Comisión de Xénero (CdX); exporanse nos espazos e nas vitrinas do centro e/ou ofrecerase información para o acceso e lectura destas.
- A 'caixa lila': unha caixa de suxestións e de mensaxes de diverso tipo (a modo de "caixa do correo") con carácter físico (colocarase unha caixa na facultade) e dixital (código QR) para que toda a comunidade do centro poida deixar as mensaxes que precise para a CdX co fin de mellorar as accións da CdX. Esta iniciativa nace coa intención de instaurarse con carácter permanente.
- Mostras artísticas e creativas no hall secundario da FFP:
- 'MuMe (Muro da Memoria)', para lembrar as vítimas de violencia de xénero/violencia vicaria ó longo do 2024
- 'Acabouse!', a representación de Venus con frases representativas da violencia contra as mulleres
- 'As Neves' Cinefórum (27 de novembro): visualización do filme e debate posterior entre invitados na mesa redonda e público asistente. Entrada aberta á comunidade universitaria e non universitaria até completar a capacidade no Salón de Actos (persoa responsable: francisco.candia [at] usc.gal (francisco[dot]candia[at]usc[dot]gal))
Actividades da Biblioteca Universitaria
Biblioteca Concepción Arenal
A biblioteca creou para este 25N unha mostra bibliográfica na que se poden atopar as principais novidades relacionadas coa violencia de xénero na práctica xurídica, xunto con outras obras de temática feminista. A exposición está situada no andar de acceso á biblioteca.
O centro de interese conta cunha versión dixital, onde se recolle o manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU). Ademais, púxose en marcha un concurso, no que respostando a unha serie de preguntas relacionadas coa celebración do 25N, as persoas usuarias poderán gañar unha camiseta. Para participar, pica neste enlace.
Biblioteca de Formación do Profesorado (Campus de Lugo)
Na Biblioteca da Facultade de Formación de Profesorado do Campus de Lugo está exposto o libro da activista Jana Leo 'Mamá está muerta pero la vamos a curar', que ilustra e recolle os 132 asasinatos de mulleres vítimas de violencia de xénero na Comunidade de Madrid entre os anos 1999 e 2020.O libro é o resultado dun proxecto chamado Uxoricides onde, cun trazo infantil buscado a propósito, Jana Leo pretende confrontar o horror desas situacións dándolles visibilidade, individualizándoas, afastándose das puras estatísticas. Reproduciranse tamén algunhas láminas e proporcionarase, mediante códigos QR, información sobre o proxecto desta creadora multimedia. O libro estará exposto no medio dun andel da sala de lectura para que as persoas visitantes poidan pasar as follas, comentar entre elas e, se queren, deixar unha opinión nun caderno que haberá ó carón e que lle faremos chegar a autora. Completarase tamén cunha selección bibliográfica na propia biblioteca sobre violencia de xénero.
Biblioteca de Filosofía
Na biblioteca de Filosofía podes visitar a mostra "Cicatrices abertas: Reflexións sobre a violencia contra as mulleres nos últimos vinte anos”. Nesta mostra física achégase unha selección de monografías, que abordan a problemática da violencia contra as mulleres dende diferentes enfoques.
Complétase cunha mostra virtual na que atoparás, ademais dunha recensión das monografías da mostra física, artigos en diferentes idiomas e filmes tanto internacionais como españois, que forman parte do noso catálogo.
Biblioteca de Medicina
Con motivo do día 25 de novembro, a Biblioteca da Facultade de Medicina e odontoloxía e a Biblioteca da Facultade de Enfermaría presentan unha mostra bibliográfica dixital: O rol do persoal sanitario ante a violencia de xénero.
Nesta guía, abórdase o enfoque medicolegal da violencia exercida contra as mulleres, a formación do persoal sanitario e o os aspectos éticos e deontolóxicos relacionados co tratamento deste tipo de violencias.
Biblioteca Intercentros (Campus de Lugo)
A Biblioteca Intercentros súmase á conmemoración do 25 de novembro cunha acción para denunciar a violencia sistémica contra as mulleres. A actividade consiste na colocación nas columnas do vestíbulo de mans recortadas en cartolina negra, nas que se recollen distintos lemas e datos, co obxectivo de darlle visibilidade á violencia exercida contra as mulleres.
Os usuarios terán a súa disposición unha mesa con material necesario para que cada quen deixe a súa pegada contra as violencias. Esta acción ficará na biblioteca ata o vindeiro 10 de decembro.