Organizada polo Grupo de divulgación Luzada da USC

A 3ª Xornada LGBTQ+ en STEM, organizada polo Grupo de Divulgación Luzada da USC, terá lugar este luns 20 de novembro ás 19.15 horas na Aula Magna da Facultade de Física.
Na primeira parte, titulada 'Teoría Queer: da epistemoloxía á realidade institucional' impartiranse dúas ponencias, a primeira a cargo de Marta Pérez Pereiro, delegada do reitor para a Igualdade, que aborda os protocolos da USC respecto do cambio de nome e sobre o acoso por razóns de identidade de xénero e sexualidade. A segunda tratará sobre a epistemoloxía Queer e estará a cargo de Enrique Latorre Ruiz, doutor en Filosofía da Ciencia e Estudos CTS, así como membro de Centro Interdisciplinario de Investigacións Feminista e Estudos de Xénero (CIFEX).
Dentro da segunda parte da xornada desenvólvese un obradoiro interactivo, coordinado por Jaime Amaro e Anxo Méndez, integrantes de PRISMA, no que se debaterá sobre os distintos temas falados nas charlas e no que se poderán expor todas as dúbidas que xurdan.
