Ir o contido principal

Coloquio

Coloquio ao redor da webserie 'Sophias'

14.03.2023 | 18.00h

Santiago de Compostela
Aula 1

Actividade organizada pola Facultade de Filosofía ao redor do 8M

Fotograma da serie 'Sophias'
Fotograma da serie 'Sophias'
 

Sophias é unha serie web de ficción realizada no 2022 pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega co obxectivo de divulgar a figura e as ideas de mulleres filósofas ao longo da historia. Proxecto coordinado pola filósofa Carme Adán e conta coa participación nos guións de distintas profesionais da filosofía.

A proxección da serie e posterior reflexión ao redor das autoras e das súas ideas desenvolverase o 14 de marzo ás 18.00 horas na Aula 1 da Facultade de Filosofía. Esta actividade está coordinada por Iolanda Martínez Suárez e con participación do alumnado da facultade.

 

Programa de actos da Facultade de Filosofía
Programa de actos da Facultade de Filosofía
Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.03.2023.