Charla coloquio aberta a toda a comunidade universitaria a cargo de dous profesionais cunha ampla traxectoria académica e investigadora en cuestións de xénero.

Jorge García Marín, profesor de Socioloxía e coordinador do mestrado en Igualdade, Xénero e Educación da USC, abordará a 'Estrutura patriarcal e a súa influencia na vida cotiá' no marco da charla-coloquio 'Deconstruír para construír unha sociedade máis igualitaria'. A continuación, Victoria Ferrer, catedrática de Psicoloxía Social de Xénero da Universidade das Illes Balears e cunha longa traxectoria na investigación de violencia de xénero, falará sobre a 'Violencia contra as mulleres. Tecendo o coñecemento, desmontando mitos'.
O acto terá lugar o vindeiro venres 6 de outubro ás 16.00 horas no Salón de Actos Facultade de Psicoloxía. A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.