14.03.2023 | 11.00h
Actividade promovida pola Oficina de Igualdade de Xénero e impartida pola asociación querENDO Mulleres con endometriose

O 14 de marzo celébrase o Día Mundial da Endometriose, unha doenza que afecta a 1 de cada 10 mulleres en idade fértil -entre a primeira regra e a menopausa- e que se tarda de media 8 anos en diagnosticar. Para coñecela mellor, promíovese o faladoiro na 'Endometriose, a epidemia oculta', que se desenvolverá o propio martes 14, ás 11 horas, no Salón de Actos do Edificio Docente Roberto Novoa Santos.
Esta actividade, organizada pola Oficina de Igualdade de Xénero e a asociación querENDO Mulleres con endometriose, é de acceso libre ata completar a capacidade da sala.
