Ir o contido principal

Exposición 'Mulleres economistas'- Susan Strange

08.03.2023

Santiago de Compostela
Andar da planta principal da Facultade.

Actividades no marco do Día Internacional das Mulleres da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Susan Strange
A economista Susan Strange

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais incorpora o poster dedicado á figura de Susan Strange á 'Exposición Mulleres Economistas'. Esta exposición, que xa se vén realizando durante varios anos na Facultade, vai sumando pouco a pouco novas figuras de mulleres que fixeron a súa contribución no ámbito da Economía e da Empresa.

Así mesmo o manifesto 8M-RUIXEU  colocarase nun lugar destacado e a modo de póster xunto a esta exposición  que ocupará o andar da planta principal da Facultade.

Poster.Susan Strange
Poster de Susan Strange. 'Exposición Mulleres Economistas'
Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2023.