Ir o contido principal

Teatro

Facede o favor e... pensade

23.11.2023 | 17.00h-20.00h

Campus de Santiago
Salón de Actos

Obra teatral organizada pola Comisión de Igualdade da Facultade de Psicoloxía con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O grupo de teatro As avoas de Laxe. FOTO: Facebook
O grupo de teatro As avoas de Laxe. FOTO: Facebook

O grupo de teatro As avoas de Laxe desenvolverá unha representación sobre o machismo na vida diaria que terá lugar o vindeiro 23 de novembro ás 17.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía compostelá. A entrada é de balde. O acto está organizado pola Comisión de Igualdade da Facultade de Psicoloxía con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

As avoas de Laxe xorde ao abeiro do proxecto de envellecemento activo implementado naquel concello e que está liderado porLaxe e está liderado por Matilde Montáns, directora, e Loli Toja, guionista. O seu repertorio está permeado por unha marcada perspectiva de xénero e a obra que se interpretará está composta por nove pezas breves que reflicten escenas da vida cotiá nas que se poñen de manifesto os micromachismos nos que difícilmente reparamos dada a súa completa interiorización como normas sociais. A obra está programada en termos de humor, o que garante as risas ao tempo que invita á reflexión sobre a necesidade de implementar cambios que leven a unha sociedade plenamente igualitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.11.2023.