08.03.2023 | 18.00h
Organizado polo Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS)

O Arquivo Histórico Universitario de Santiago conmemora o 8M co relatorio 'Un mar en feminino. Achega histórica ás actividades das mulleres na economía marítima de Galicia', impartido polo profesor da UDC José Manuel Vázquez Lijó, no que presentará os resultados da súa investigación sobre o traballo no mar das mulleres en Galicia.
O relatorio terá lugar o vindeiro 8 de marzo ás 18.00 horas na Sala de Conferencia do AHUS.