Ir o contido principal

Mesa de debate

'A muller en I+D+i'

08.03.2023 | 10.00h

Lugo
Salón de Actos

Actividade organizada pola Facultade de Ciencias de Lugo con motivo do 8M

Mesa debate A muller en I+D+i
Mesa debate A muller en I+D+i

A mesa debate 'A muller en I+D+i' contará coa asistencia de mulleres implicadas en distintos ámbitos da investigación, desenvolvemento e innovación, que transmitirán a súa visión ao alumando sobre as distintas facetas das mulleres na ciencia, a tecnoloxía e a sociedade. As integrantes da mesa e a moderadora foron convidadas en base á súa traxectoria en I+D+i, e son, na súa maioría, egresadas da Facultade de Ciencias que desenvolveron as súas carreiras en ámbitos claramente relacionados coa súa formación.

Dará a benvida a decana do centro, Asteria Mª Luzardo e estará moderada por Maruxa Quiroga García, doutora en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e CEO de TasteLab.

Esta actividade promovida pola Facultade de Ciencias do Campus de Lugo e dirixida ao alumnado da facultade e aberta ao público en xeral, desenvolverase o 8 de marzo ás 10.00 h. no Salón de Actos do centro.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2023.