09.03.2023 | 11.30h
Facultade de Humanidades
Campus de Lugo
Organizada pola Comisión de Igualdade da Facultade de Humanidades

A conferencia 'Seguindo co problema: de naturezas e maternidades', a cargo de María Xosé Agra, catedrática de Filosofía Moral e Política da USC, especialista en teoría da crítica feminista, desenvolverase o vindeiro 9 de marzo ás 11.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Humanidades.
Organizada pola Comisión de Igualdade da Facultade de Humanidades e dirixida a toda a comunidade universitaria, esta actividade forma parte do programa de actividades do 8M - Día Internacional das Mulleres.
