Ir o contido principal

Epistemoloxías feministas en acción

VIII Xornada Universitaria Galega en Xénero

09.06.2023

Edificio Redeiras (Berbés). Campus de Vigo

Organizada polas oficinas de igualdade de xénero das tres universidades galegas como punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero.

Cartel. VIII XUGeX
Cartel. VIII XUGeX

Esta oitava edición céntrase en reflexionar sobre a orixe e evolución da orde política patriarcal e o seu impacto na andamiaxe cultural, institucional e cognitiva da nosa sociedade e das nosas universidades.

Nestas xornadas preténdese reflexionar, dende unha mirada crítica feminista, sobre o actual contexto multicrise (guerra en Europa, crise medioambiental, feminización global da pobreza, crise financieira, etc) e o impacto que está a xerar na violencia de xénero e machista, na ciencia e na academia e tamén nos contidos docentes universitarios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.04.2023.