Ir o contido principal

Seminario

Workshop do iMATUS sobre equidade de xénero e inclusión

18.07.2023 | 10.00h-14.00h

ou na Facultade de Farmacia (segundo demanda)

O obxectivo deste foro é reforzar e visibilizar o compromiso do Instituto coa equidade de xénero

O foro porá o foco en garantir a equidade de xénero en todos os procesos xestionados polo centro e promover a conciliación corresponsable
O foro porá o foco en garantir a equidade de xénero en todos os procesos xestionados polo centro e promover a conciliación corresponsable

O Instituto de Materiais da USC (iMATUS) impulsa un seminario para reforzar e visibilizar o compromiso deste centro coa equidade de xénero, concienciar sobre os riscos das inequidades de xénero e impulsar a introdución da perspectiva de xénero no seu traballo. Así mesmo, o foro porá o foco en garantir a equidade de xénero en todos os procesos xestionados polo centro e promover a conciliación corresponsable, alén de proporcionar formación sobre a investigación con perspectiva de xénero.

O Workshop, inaugurado pola secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, comenzará coa intervención de Marta Pérez, delegada do reitor para a Igualdade que falará sobre 'As políticas de igualadade da USC'. Participará co relatorio 'Equidade de xénero e inclusión en emprendemento', Eva López Barrio, coordinadora do Programa Woman Emprende; e Teresa Moure, directora do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC (CIFEX) co relatorio 'A perspectiva de xénero na proposta dos proxectos de investigación'. 

O seminario terá lugar o 18 de xullo, ás 10.00 horas, no iMATUS, ou na Facultade de Farmacia (segundo demanda).

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.07.2023.