14.09.2023 | 09.30h-14.00h
Xornada pública de palestras e debates con inscrición previa

A I Xornada de Ecofeminismo do CIFEX baixo o epígrafe 'Resistencia feminista ao colapso' ten como obxectivo dar a coñecer o programa de investigación da Ecoloxía feminista, incidindo na súa capacidade para propor solucións perante os grandes desafíos (catástrofe climática, fin da cultura dos combustibles fósiles, crise da auga, perda da biodiversidade) aos que se deberá facer fronte nas próximas décadas.
Esta actividade realízase ao abeiro do Convenio de colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade para o desenvolvemento de actividades do Plan Corresponsables en Galicia, financiado con fondos do Ministerio de Igualdade.