Localización
- Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 816 242
Técnica empregada para a determinación de masa molecular onde se obtén o espectro xeral da mostra no rango de masas analizado. Pódese realizar medidas en modo lineal (baixa resolución) ou modo reflector (alta resolución, rango de masas 50-4000 Da); con polaridade positiva ou negativa.
As mostras enviaranse sólidas ou en disolución nun vial etiquetado co seu código identificativo, e ter unha concentración axeitada segundo a seguinte táboa:
Táboa: guía de concentración das mostras para MALDI
| CONCENTRACIÓN NECESARIA PARA ANÁLISIS MALDI | |
| MW (Da) | µg/ml | 
| 500  | 10-25  | 
| 1.000  | 20-50  | 
| 2.500  | 50-130  | 
| 5.000  | 100-250  | 
| 10.000 | 200-500 | 
| 20.000 | 400-1.000 | 
| >20.000 | >1.000 | 
Convén non empregar disolventes como DMSO ou DMF, e evitar a presenza de sales que poden interferir na mostra (NaCl, NaOAc...). No caso de que a mostra teña sales, pódese realizar un desalgado previo (servicio facturable) co “Desalgado Zip-Tip”.
As mostras a analizar serán mesturadas con unha matriz orgánica segundo o protocolo estándar da Unidade e depositada na superficie metálica da placa MALDI. No caso de que se necesite medir as mostras noutras matrices, distintas ás habituais das que dispón a Unidade, ou si se precisa dun protocolo específico de preparación, o usuario debe indicalo no apartado de “Observacións” do Formulario de Solicitude de Servicio ou poñerse en contacto coa Unidade.
Matrices:
As matrices empréganse dependendo do tipo de analito a medir, podendo ser necesario á adición de algún tipo de aditivo. As matrices e aditivos coas que conta a Unidade actualmente, e que son as máis habituais en MALDI, son as seguintes:
| Matrices: Nome | Abreviatura | Aplicacións | 
| Ácido α-ciano-4-hidroxicinámico | HCCA | Péptidos Proteínas (< 5 KDa) | 
| Ácido sinapínico | SA | Proteínas (10-150 KDa) Péptidos (> 3 KDa) | 
| Ácido 2,5-dihidroxibenzoico   | DHB | Péptidos Proteínas Polímeros Hidratos de carbono Lípidos/Glicolípidos | 
| 1,8,9-trihidroxiantraceno (Dithranol) | DIT | Polímeros non polares | 
| Trans-2-[3-(4-tert-Butilfenil)-2-metil-2-propenilideno]malonitrilo | DCTB | Analitos non polares | 
| 3-Hyproxy picolinic acid | HPA | Oligonucleótidos | 
| 2,6-Dihydroxyacetophenone | DHAP | Proteínas intactas | 
| 1,5-Diaminonaphthalene | DAN | Proteínas intactas | 
| Aditivos: Nome | Abreviatura | Aplicacións | 
| Silver Nitrate | AgNO3 | Axente catiónico | 
| Silver Trifluoroacetate  | AgTFA | Axente catiónico | 
| Sodium Trifluoroacetate | NaTFA | Axente catiónico | 
| Sodium iodide | NaI | Axente aniónico | 
| Sodium chloride | NaCl | Axente aniónico | 
Para outro tipo de matrices, por favor contactar coa Unidade.
Aínda que os equipos empregados en MALDI poden adquirir espectros en Alta Resolución (modo Reflector), non realizan a Medida de Masas Exactas, xa que non é unha técnica axeitada para ese servizo adicional. Polo contrario, pódese facilitar ó usuario unha comparativa visual do pico experimental co teórico da fórmula facilitada, pero sen os datos estatísticos da MME.
Instrumentación: Autoflex (Bruker), Ultraflex III (Bruker).
Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 816 242