Se queres coñecer a oferta académica de mestrados universitarios oficiais da USC para o curso 2025/26, bótalle unha ollada ós nosos vídeos
Os días 22 e 23 de xaneiro de 2025 levamos a cabo uns webinarios informativos sobre o acceso ós mestrados universitarios oficiais a través da convocatoria anticipada, dirixida ó alumnado extracomunitario.
Nesta ligazón atoparás o video da xornada dedicada á rama de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñarías, e nesta outra a de Humanidades e Ciencias Sociais.
Ademais, nestas tres listas de reprodución atoparás varios videos das persoas coordinadoras dos programas presentando as diferentes titulacións.
Oficina de Captación Internacional
- Pavillón de Estudantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- study.abroad [at] usc.gal