O Programa IACOBUS ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.
Dirixido a docentes e persoal investigador para facilitar a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación, a través de distintas modalidades de participación (estadías de investigación, papers e patentes).
Esta iniciativa da Eurorrexión é pioneira en Europa e xestiónase integramente a través da Agrupación Europea de Cooperación Territorial – Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT): gnpaect [at] gnpaect.eu (gnpaect[at]gnpaect[dot]eu)
Convocatoria 2024/25 Aberta
Prazo de solicitudes: 25 de novembro de 2024 e ata o día 23 de decembro de 2024 ás 14:00 h
Presentación de solicitudes: https://iacobus.gnpaect.eu/.