Ir o contido principal
Co-financiado pola UE
Programa combinado de mobilidade física e virtual ao abeiro do Programa Erasmus+.

 

Co obxecto de favorecer a mobilidade de estudantado e persoal que non poida participar en estadías de longa duración por motivos académicos ou de índole persoal, o Programa Erasmus+ 2021‐2027 ofrece unha nova modalidade de programas que buscan fomentar a mobilidade internacional nun formato curto que combina a mobilidade presencial cunha compoñente virtual: os Blended Intensive Programmes (Programas Intensivos Combinados).

Nesta páxina publicaranse as sucesivas convocatorias de BIP para participantes da USC, que poden dirixirse tanto a estudantado como a persoal. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2025.