18.04.2024 | 12.00h-13.00h
Paraninfo da USC
Servizo de Normalización Lingüística
Os Premios á calidade lingüística aspiran a fomentar unha cultura de calidade no uso do galego entre o alumnado. Con este concurso a USC premia os mellores traballos académicos de curso, de fin de grao (TFG), así como traballos de fin de mestrado (TFM) escritos en galego.

Con este concurso a USC premia os mellores traballos académicos de curso, de fin de grao (TFG), así como traballos de fin de mestrado (TFM) escritos en galego no curso 2022/23. Os Premios á calidade lingüística contan co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.