
Lista de denominacións permite acceder a 125 rexistros de bUSCatermos que describen conceptos relacionados co ámbito das vacinas, as súas tipoloxías e as campañas de inmunización.
Esta lista de denominacións permite acceder a 125 rexistros de bUSCatermos que describen conceptos relacionados co ámbito das vacinas, as súas tipoloxías e as campañas de inmunización. Para cada un deses rexistros preséntase, como mínimo, a área ou áreas temáticas a que pertence, e os nomes polos que é coñecido en galego, español e inglés; e na maior parte dos casos, tamén a súa definición en galego.
Se quere buscar unha palabra ou expresión concreta dentro da lista de denominacións, pode facelo empregando o buscador integrado no seu navegador (Control+F).
Se quere buscar unha palabra ou expresión noutro idioma, debe facelo a través da interface de bUSCatermos. Se precisa axuda á hora de buscar e interpretar a información que esta base de datos lle ofrece, pode acudir a este vídeo explicativo.
Referencias
As principais fontes que empregamos para seleccionar os conceptos básicos e determinar os equivalentes noutras linguas foron:
- Follas de información de vacinas (Servizo Galego de Saúde)
- Terminologia de les vacunes (Termcat)
- Vaccination glossary (European Commission)
- Vaccine & Immunization (Centers for Disease Control and Prevention)
Créditos
Elaboración e edición: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (CC-BY-SA 4.0).
Imaxe de cabeceira adaptada a partir desta (Autoría: Arne Müseler, CC BY-SA 3.0, via Wikimedia Commons)
Como citar este traballo: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2021). Termos esenciais de vacinas. Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela. [En liña]; https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica/ferramentas/termos-esenciais-vacinas [Consulta: xx/xx/xxxx]
vacina conxugada antimeningocócica A
vacina conxugada antipneumocócica
vacina conxugada fronte a haemophilus influenzae tipo B
vacina da encefalite centroeuropea
vacina difteria-tétano-tose ferina acelular
vacina fronte ao meningococo ACWY
vacina fronte ao virus do papiloma humano