Ir o contido principal

Proxector comeza o curso cun Especial sobre a paz e a xustiza social

Portada Proxector setembro 2025
Imaxe de portada do Especial
“Xustiza social e cultura de paz” é o título da nova entrega de Proxector, iniciativa de divulgación en lingua galega promovida polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) e o Servizo de Normalización Lingüística da USC

Proxector quere comezar o novo curso conmemorando o Día Internacional da Paz, que se celebra o vindeiro 21 de setembro. E faino cunha nova entrega dos seus especiais, que pon o foco na Xustiza social e a cultura da paz, co fin de difundir contidos audiovisuais en galego que promovan a reflexión crítica sobre os valores da equidade, a solidariedade e a convivencia pacífica neste comezo de curso marcado por incertezas e tensións sociais e xeopolíticas.

Nel inclúense doce vídeos que abordan estas cuestións desde diversas disciplinas como a socioloxía, a filosofía, a educación ou a xeopolítica. Entre os contidos destacados figuran pezas como “A paz como dereito humano”, “Educación para a paz e a xustiza social”, “A cultura da paz desde a filosofía” ou “Xustiza social e desigualdade global”

Máis información
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.09.2025.