- Entidade
- CITMAga
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

“Planificación Estratéxica baixo incerteza, Fase II”
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-06-2025.
TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Planificación Estratéxica baixo incerteza, Fase II”.
FUNCIÓNS A REALIZAR: realizar os traballos de investigación para o desenvolvemento dunha “Planificación Estratéxica baixo incerteza, Fase II”. As funcións centraríanse neste ámbito: realización de tarefas de investigación en modelización matemática, simulación numérica, optimización e control da ciencia e da industria relacionadas con procesos baixo incerteza.
RESPONSABLES: Profesor D. Alfredo Bermúdez de Castro e Profesor D. Ángel Manuel González Rueda.
PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
- Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería. Expediente do mestrado (no seu caso). Valorarase o grao de afinidade das titulacións da persoa candidata cos ámbitos da Matemática Industrial (Matemática Aplicada, Investigación Operativa, Estatística, Informática, Física ou similares) (20 puntos).
- Formación relacionada con optimización e estatística. (5 puntos).
- Coñecementos de inglés (5 puntos).
Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
- Formación e experiencia acreditada no deseño e implementación de algoritmos de optimización matemática (determinista e estocástica). (10 puntos).
- Formación e experiencia acreditada na modelización de problemas de programación matemática empregando linguaxes de modelado alxebraico tales como Pyomo ou AMPL. (10 puntos).
- Formación e experiencia acreditada en programación en linguaxes de cálculo científico (Python, C, Fortran etc.)/ etc.) (10 puntos).
- Coñecemento e experiencia previa en tratamento e análise de datos, modelos de predición estatística e técnicas de machine learning. (10 puntos).
CONDICIÓNS:
· Retribución bruta mensual: 1.729,39 € en 14 pagas.
· Data inicio prevista: a partir do día seguinte á data de resolución da selección.
· Tipo de contrato: contrato por circunstancias da producción.
· Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a.
· Duración: Duración: ata o 28 de febreiro de 2026.
· Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).
LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.