
Os vindeiros días 24 e 25 de abril, tes unha cita coa Feira Virtual de Emprego da USC, onde poderás atopar empresas con ofertas de traballo, charlas de interese para a túa empregabilidade e chats para aclarar as túas dúbidas.
Xa podes rexistrarte e deixar os teus datos xunto cun CV en formato pdf.
A Feira abrirá o 24 de abril ás 08:00h e pechará o 25 de abril ás 20:00h e poderás:
- Presentar o teu CV a ofertas de emprego.
- Asistir a charlas. Lembra que cando te rexistres na feira podes consultar a Axenda de Conferencias e inscribirte naquelas que che interesen.
- Chatear coas empresas e coas orientadoras da Área de Orientación Laboral e Emprego da USC
- Acceder a toda a información das entidades participantes (vídeos, enlaces, redes sociais…)
Durante a feira, recomendámosche consultar os horarios das distintas entidades participantes para saber cando podes chatear con elas.
Unha vez rematado o evento, aínda que non estará aberto o chat, poderás seguir accedendo ás ofertas de traballo e presentar o teu CV ata o domingo 28.
Rexístrate! Agardámoste na Feira Virtual de Emprego da USC!
E para calquera dúbida, diríxete a orientacion.laboral [at] usc.gal (orientacion[dot]laboral[at]usc[dot]gal)