- Entidade
- Banco Sabadell
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

Prácticas de verán
Requisitos:
-Estudantes de último curso de Grao, Máster ou Posgrao ADE, Economía, Empresariais, Matemáticas, Enxeñerías ou perfís similares.
-Bo nivel de comprensión lectora, escrita e oral de inglés (mínimo B2).
A bolsa consiste nun contrato de prácticas remuneradas que se realizarán do 1 de xullo ao 30 de agosto en horario de 8:00 a 15:00. Os alumnos elixidos incorporaranse nunha das oficinas da Rede Comercial que Banco Sabadell ten por todo o territorio español.
Os alumnos terán unha aprendizaxe á beira de profesionais experimentados, con posibilidades reais de continuar ao finalizar a bolsa e contarán co apoio dun titor/a durante o programa.