- Entidade
- Fundación "la Caixa"
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

Convocatoria de retención 2024: A Fundación ”la Caixa” convoca 30 bolsas para investigadores de todas as nacionalidades que desexen doutorarse en calquera disciplina e universidade ou centro de investigación de España ou Portugal.
Características:
- 30 bolsas para realizar un doutoramento en calquera universidade ou centro de investigación de España ou Portugal.
- Todas as áreas de coñecemento.
- Duración máxima: 4 anos.
- Provisión económica para cubrir os gastos laborais, de investigación e de matrícula do doutoramento.
- Programa de formación presencial en competencias transversais.
Requisitos:
- Experiencia: os candidatos non poden ter realizado máis de catro anos de actividade investigadora antes do peche da convocatoria.
- Estudos realizados: no momento da contratación, os candidatos deberán ter realizados os estudos que lle permitan matricularse nun programa oficial de doutoramento en España/Portugal. A verificación do nivel de estudos esixido realizaraa a universidade de destino cando se inicie o procedemento de admisión. Os candidatos poden non estar matriculados nun programa de doutoramento antes do inicio da bolsa.
- Mobilidade: os candidatos deberán ter residido ou desempeñado a súa actividade principal (traballo, estudos, etc.) en España/Portugal durante máis de doce meses nos tres anos inmediatamente anteriores á data de peche da convocatoria.
- Nivel de inglés: os candidatos deberán acreditar o nivel de inglés esixido mediante a presentación dun dos certificados especificados nas bases da convocatoria