- Entidade
- Deputación Provincial da Coruña
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

A Deputación Provincial da Coruña convoca 20 bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria, co obxectivo de apoiar a actividade investigadora en temas de interese para a realidade social, cultural, económica e política galega.
20 bolsas distribuídas nas seguintes áreas:
- Área de artes e humanidades: 5 bolsas
- Área de ciencias: 4 bolsas
- Área de ciencias da saúde: 4 bolsas
- Área de ciencias sociais, xurídicas e estudos de xénero: 5 bolsas
- Área de enxeñaría e arquitectura: 2 bolsas
Requisitos
- Ter menos de 36 anos na data de finalización do prazo de solicitudes.
- Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grao ou equivalente) recoñecida oficialmente.
- Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña cunha antigüidade mínima dun ano.
- Non ser titular nin ter a concesión, no momento no que se produza a adxudicación da bolsa e durante a duración desta, de ningunha outra bolsa, nin realizar actividades produtivas retribuídas que impliquen vinculación contractual ou estatutaria da persoa interesada, agás aquelas que teñan carácter esporádico e cunha duración total acumulada non superior a 720 horas no período de duración da bolsa.
- Os/as titulares de bolsa só poderán selo en tres convocatorias.
- Cada participante poderá presentar unha única solicitude.
- As bolsas tramitaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTEL na sede electrónica da Deputación.
Dotación
A dotación das bolsas é de 10.000 € cada unha delas.