O proxecto de Executivas para as máis novas

Requisitos:
-Mulleres entre 20 e 35 anos.
-Que cursasen (ou estean a terminar) Formación Profesional Superior e/o estudos universitarios.
-Que aínda non estean incorporadas ao mercado laboral ou que estean nos seus primeiros anos.
-Mozas con desexos de emprender.
Con este proxecto Executivas de Galicia quere atraer o talento feminino de entre 20 e 35 anos, dando visibilidade aos seus perfís e creando unha comunidade con intereses comúns. Cubrir a necesidade das mozas de pertencer a unha comunidade na que sentan apoiadas no momento da saída ao mercado laboral, así como nos primeiros anos como profesional. Ser unha ponte entre a vida académica e profesional ofrecendo “guías” que acompañen a mulleres novas que inician a súa andaina profesional. Poñer en valor a formación profesional e impulsar ás mulleres máis novas para que crezan profesionalmente de forma segura.