- Entidade
- Consello Social USC
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

Prácticas Extracurriculares
Requisitos:
-Ser estudante da USC
-Non ter cuberto o número máximo de créditos de prácticas externas extracurriculares.
-Non manter ningunha relación contractual coa empresa, institución ou entidade na que
se van a realizar as prácticas.
-No caso de alumnado de grao, ter superados como mínimo 90 ECTS da titulación pola
que as solicita, agás situacións académicas debidamente xustificadas que permitan a súa
realización cun número menor de créditos.
-Non se poderán iniciar prácticas imputables ao expediente unha vez superado o Traballo
de Fin de Grao ou Máster, agás no caso de que, de acordo coa normativa aplicable, fora
seleccionado para realizalas con anterioridade a superación de este.
-O alumnado en prácticas estará obrigado, para obteren o recoñecemento académico, á
realización da totalidade de créditos dos que estea matriculado.
-Unha vez matriculada unha práctica, non se permitirá a redución nin a ampliación dos
créditos matriculados, sen prexuízo da posibilidade da renuncia a actividade.
-O alumnado que comece a actividade sen a previa autorización e matrícula perderá o
dereito a súa realización na entidade na que a iniciou irregularmente.
O período de prácticas terá unha duración mínima de 125 horas (5 ECTS) e máxima de 750
horas (30 ECTS) a realizar no prazo máximo de 6 meses.
A equivalencia establécese, a efectos de matrícula, en 1 ECTS por cada 25 horas de práctica.
A xornada será dun máximo de 8 horas diarias e 40 semanais.