- Entidade
- Fundación Innovación Bankinter
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

Curso de innovación en liña gratuíto para alumnado da USC
Estás terminando a carreira e sentes que todo está por descubrir?
Se respondes ‘si’ á maioría das seguintes preguntas, inscríbete en AKADEMIA:
- Tes a sensación de que non sabes cal é o seguinte paso na túa carreira?
- Preguntácheste que papel xogará a innovación na túa vida?
- Queres saber como a IA transformará o teu futuro?
- Queres atopar unha maneira diferente de facer as cousas con xente que ten as mesmas inquedanzas ca ti?
O programa Akademia busca estudantado coma ti, persoas inquietas, proactivas, con capacidade e ganas de atopar solucións aos problemas que están por chegar, de sentar as bases do seu propio futuro profesional desde un punto de vista innovador e sostible.
AKADEMIA rétate a mirar máis alá e a entender o que ven. Non agardes a que outros decidan o teu futuro.
En Akademia atoparás
Innovación: para aprender a mirar, analizar e interpretar as tendencias do futuro
Inmersión: unha experiencia de crecemento para a túa vida profesional e persoal. Aprenderás a crear un algoritmo de intelixencia artificial desde cero
Interdisciplinariedade: porque conectarás con diversas áreas de coñecemento
Metodoloxía
- Empeza desde cero
- 9 sesións en liña de 1h 30 min.
- Visita presencial a unha empresa
- 90 prazas, 30 por convocatoria
- Da man de expertos implicados en Innovación de diferentes sectores
3 convocatorias
Hai abertas 3 convocatorias diferentes para que poidas elixir o horario e día da semana que mellor se adapte a ti.
Convocatoria 1
Luns 16h-17h30
Duración: do 13 de outubro de 2025 ao 26 de xaneiro de 2026
Data límite de inscrición: 23 de setembro
Convocatoria 2
Mércores 12h30-14h00
Duración: do 15 de outubro de 2025 ao 28 de xaneiro de 2026
Data límite de inscrición: 30 de setembro
Convocatoria 3
Venres 12h-13h30
Duración: do 17 de outubro de 2025 ao 30 de xaneiro de 2026
Data límite de inscrición: 30 de setembro