Ir o contido principal
Imaxe representativa
Servizos multimedia orientados ao ámbito da docencia e formación, a investigación e a difusión e proxección exterior.

A USC tense dotado dun número elevado de aulas e salas de reunións polivalentes con equipamento multimedia para a retransmisión de vídeo e son. A configuración habitual das máis de 200 aulas equipadas é un proxector láser ou unha pantalla led de 75" ou 86", unha cámara PTZ con zoom de 12X óptico e desprazamento, un TPOD con altofalante e 12 micrófonos, cobertura sen fíos de alta densidade de usuarios simultáneos, bases de enchufes para todo o alumnado, ...

Os sistema de vídeo conferencias corporativo da USC é Microsoft Teams, lle damos soporte dende a ATIC e está instalado en todos os ordenadores, non obstante cando é preciso pode usarse outros sistemas de vídeo conferencia distintos a MS Teams.

Por parte da Área TIC ofrécense os seguintes servizos relativos ao equipamento multimedia á comunidade universitaria:

  • Asesoramento na dotación de equipamento multimedia en aulas, seminarios, salas de reunións, ...
  • Coordinación das instalacións e mantemento do equipamento existente nos distintos espazos da USC.
  • Soporte técnico ao sistema corporativo de cartelaría dixital.
  • Soporte e apoio á instalación e uso de MS Teams.
  • Dotación de cámaras persoais e auriculares para todos os postos de traballo.

No caso do equipamento nos espazos comúns para calquera mellora ou avaría deberán canalizarse a través das direccións dos centros ou conserxarías, no caso do equipamento persoal directamente a través do Centro de Atención de Usuarios (CAU) da Área TIC 

Dende o SERVIMAV, en colaboración coa Área TIC, proporcionase apoio nas retransmisións por internet, así como no mantemento da mediateca e da USC TV.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.06.2024.