Ir o contido principal
USC-Integra
Impulso ao emprendemento e transferencia en tecnoloxías emerxentes

O Programa USC-INTEGRA é unha iniciativa promovida pola Cátedra Economía de la Ciberseguridad USC-INCIBE (CECOCIB),
coa colaboración da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) e financiada polo O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), entidade dependente do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.
O seu obxectivo principal é impulsar star-ups e proxectos emerxentes que integren tecnoloxías avanzadas, como a intelixencia artificial (IA), IoT, Big Data, robótica ou blockchain, en diferentes ámbitos do coñecemento (ciencias experimentais, ciencias sociais,
humanidades...). Ademais, valorarase positivamente que a proposta inclúa un plan de ciberseguridade.
O programa ofrece financiamento e apoio estratéxico para cubrir necesidades técnicas, financeiras e de xestión, facilitando o desenvolvemento e consolidación dos proxectos dende a súa fase inicial ata a súa posta en marcha no mercado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.07.2025.