Ir o contido principal
O CEDE publica un Boletín mensual con seccións fixas e, en certos números, seccións especiais.

O Boletín do CEDE é publicado no final de cada mes.

As seccións fixas inclúen seleccións das noticias máis relevantes, lexislación e sentenzas comunitarias, novidades bibliográficas, estatísticas, convocatorias e oportunidades de financiamento na UE.

As seccións especiais, incluídas ocasionalmente, conteñen entrevistas, comentarios de xurisprudencia e estudos académicos sobre temas da UE.

Subscrición ao Boletín

Para recibir o anuncio de cada novo Boletín do CEDE no seu correo electrónico, pode subscribirse á lista de distribución.

Boletíns anteriores

Os boletíns anteriores están á disposición do público no repositorio Minerva da USC ou cede [at] usc.gal (pedíndoos ao CEDE).

Guía de estilo para as colaboracións

  • Tipo de documento: preferentemente .odt (creado co Writer do Libreoffice ou do Openoffice).
  • Lingua: preferentemente galego; excepcionalmente en español ou inglés.
  • Resumo dunhas cen palabras e até cinco expresións chave (na lingua de redacción e, se esta for diferente, en inglés).
  • Estilo de citación: autor-data (sen notas para as citacións, nin de rodapé nin de fin; sen vírgula entre os apelidos dos autores e o ano de publicación).
  • Bibliografía final (necesaria debido á ausencia de notas para as citacións), tamén segundo o estilo autor-data. (O estilo de referencia é o da American Political Science Association, APSA, dispoñible en xestores de bibliografías como Zotero, Mendeley e Refworks, e moi parecido ao APA.)
  • A primeira palabra dos subtítulos debe levar maiúscula inicial; o título e o subtítulo deben ir separados por ":".
  • Nos títulos e subtítulos en inglés, todos os nomes, artigos, verbos e adverbios deben levar maiúscula inicial.
  • Non obstante o anterior, debe evitarse un uso abusivo das maiúsculas; por exemplo, a expresión "estado" (ou "state" etc.) irá sempre en minúscula, salvo en contextos especiais (títulos, nomes de institucións etc.), e o mesmo vale para a abreviación "art.", de "artigo".
  • Se as notas foren realmente necesarias (por exemplo, para explicacións), as súas chamadas no texto irán sempre despois dos signos de puntuación.
  • Ao final das epígrafes nunca se pon punto.
  • Unha vez usada unha abreviación, non se voltará a usar a expresión completa.
  • Se for abreviada, a expresión "Unión Europea" (ou, en inglés, "European Union", etc.) aparecerá como "UE" (ou "EU", etc.), non como "Unión" (ou "Union", etc.).
  • Sempre que for posible, os nomes estranxeiros de cidades, rexións e estados deben ser traducidos (por exemplo, o lugar de publicación na bibliografía).
Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.03.2025.